Opta agora a unha delas
Axudas actuais para a transformación dixital do teu negocio
As axudas económicas é un dos grandes cabalos de batalla das pequenas e medianas empresas. Logralas non soe resultar sinxelo, pero en EQUOS, Agencia Dixital axudámosche a conseguir calqueira das subvencións actuais de transformación dixital para a túa empresa. A continuación podes ver que subvencións están activas actualmente. Se algunha delas encaixa no que necesitas, ponte en contacto con nós inmediatamente.
Ata o 13 de agosto de 2021
Bono das persoas autónomas
Programa de axudas da Xunta de Galicia a persoas autónomas, sociedades de calquera clase e comunidades de bens.
Que me poden subvencionar?
Actuacións subvencionables
Liña 1: mellora da competitividade a través dos seguintes servizos
- Investigación de mercado.
- Plan de márketing
- Plan de comunicación do negocio.
- Plan estratéxico do negocio.
- Plan de crecemento: constitución da sociedade.
- Plan de reorientación do negocio.
- Plan de transformación dixital.
- Plan de refinanciamento.
Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2021 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.
Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos
- Compra de maquinaria.
- Compra de útiles e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipamentos informáticos.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas e páxinas web.
- Creación do logotipo do negocio.
- Mobiliario.
¿Queres esta axuda económica?
¡Contáctanos agora!
Ata o 30 de setembro do 2021
Proxetos de dixitalización frente á situación provocada por o COVID-19
Que me poden subvencionar?
Actuacións subvencionables
Gastos subvencionables
- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
- Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
- Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
- Sistemas de control de normas de calidada COVID-19.
- Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
- Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento.
- Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
- Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
- Sistemas de balizas.
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola COVID-19.
- Adaptación da presenza na internet para o efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
- Solucións de mellora da ciberseguridade.
- De maneira excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
¿Queres esta axuda económica?